30.9.07

Sorpresa en Ourense



Noite fria. Praza do Correxidor. Café Cultural Auriense. Dous amigos. Guadi e Guille. Espido. Local cheo. Moitas caras coñecidas. Comeza a música. Guille impresionante. Guadi tímida, toca o seu pelo. Dice que xoga na casa. Penso que ela é de Cedeira. Tarareo. Non sabía que o meu subconsciente gardara todas estas palabras e melodías. Unha canción tras outra. Auga. Quentase o hambiente. Chega o final. Non. Faltan os bises. Sorpresa. Miña nai, miña naiciña.... Emocionante. Agora canto, non tarareo. Precioso. Ainda que non o pareza, era a miña primeira vez.

"Quixera contarche como sobrevivir
Darche o remedio para sempre sorrir
Ai quixera sentir que esta noite vas a vir
E o vento do sul que me trae a paz."

. Espido. Canción "Quixera"

24.9.07

HAIRSPRAY. Preparados para bailar.



Cando o sábado, entrei na sala do cine e sentei na miña butaca numerada, rodeada de adolescentes ruidosas, non pensei que o que ía ver me transportaría a miña mocidade. Ante os meus ollos tiña unha película 100% musical, que me provocaba saltar do meu asento para bailar e cantar. Solo unha historia un pouco infantil de cor de rosa podía interrompir a maxia evocadora de Grease.
Un murmullo recorreu a sala cando na pantalla saliu o ídolo das novas xeracións, Zac Efron, que me chegou a sorprender, pero o mellor foi ver a Michelle Pfeiffer, Cristopher Walken, John Travolta e Queen Latifah cantar o mesmo tempo que facían coreografías, tamén destacar a protagonista Nikki Blonsky.



Ambientada nos anos 60, este musical, remake da cinta do mesmo nome, dirixida por John Waters en 1988, conta como unha moza leva a cabo o seu soño de bailar nun show televisivo da época, sen importarlle non estar dentro dos cánones da cadea. Pero non vos vou contar mais, merece a pena ir o cine a vela. Xa me contaredes se saídes bailando e cantando.

. Titulo Original: Hairspray
. Género: Comedia Musical
. Nacionalidad: USA
. Año: 2007
. Director: Adam Shankman
. Guion: Leslie Dixon
. Reparto: John Travolta, Queen Latifah, Michelle Pfeiffer,
Christopher Walken, Zac Efron, Brittany Snow,
Amanda Bynes, James Marsden, Elijah Kelley,
Allison Janney, Nikki Blonsky

23.9.07

Teño corda para rato



Non me volvín tola, ainda non chegou a noite dos mortos, pero a min xa me deron calabazas. Sei que case todos sabedes a que me refiro. Non logrei pasar as probas de ingreso da Escola de Arte Mestre Mateo. Esto non significa que me vaia rendir, teño moitos proxectos rondando na miña cabeza que xa vos irei contando.

18.9.07

Rematei os exames!!!



Hoxe ás 18h rematei o derradeiro exame que me quedaba e estou moi leda co resultado desta experiencia. A pesar dos nervios e de non haber estudado nada, penso que o fixen ben, e que se non entro, polo menos lévome o certificado de madurez.
Eso que vedes na foto, é a derradeira proba, consistía en facer unha interpretación dun modelo dado por eles, coa técnica que quixeras, eso si, nunha horiña escasa. Eu improvisei esto, espero os vosos comentarios.

Mostra de Amor

Anuncio ganador del festival de Canes.

17.9.07

Certificado de Madurez


O Venres non vos informei, por que o estiven a celebrar. Definitivamente son madura, aínda que algún este a pensar que non, por iso, vou ter que pedir o Certificado de Madurez para ensinalo cando alguén insinúe a miña falta de eso, de madurez.
Ah! outra cousa, ¿alguén sabe se ese certificado váleme para o curriculum?. Se alguén ten a resposta xa sabe.

12.9.07

O primeiro paso

Xa está, xa din o primeiro paso. Acabo de facer un examen de madurez, quen iba pensar que a estas alturas tiñan que decirme cun examen se son madura ou non.
Os que me coñecedes xa sabedes de que vai todo isto, agora esperar, o Venres danme a nota. Vos que pensades, ¿estarei madura?. Bicos a todos os que me estades apoiando.

11.9.07

O Principiño


O principiño é a historia dun piloto e un neno, dun año e unha flor, dun pozo, dunha raposa, dunha viaxe polo espazo... Pero é, sobre todo, unha fábula na que todos eses elementos presentes na historia nos falan das relacións entre as persoas, do amor e da amizade, do sufrimento e da dor.



Esta fin de semana pasada, lembráronme unha pasaxe deste precioso libro, emocioneime moito. Foi un momento moi especial para min. Gracias.

. O Principiño. Antoine de Saint-Exupéry