24.10.07

Tardes de outono

A medida que pasa o outono, os días vanse facendo más curtos e maís fríos, e o que nos apetecería, en realidade, é quedarnos deitados no sofá tapadiños cunha mantiña, lendo un libro, escoitando música ou vendo unha peli (sei que alguén que coñezo está asentindo ó ler esto). Pois eu, ademáis de deitarme no sofá de cado en vez, propúxenme facer algo para pasalo tempo e para deixar fluir a miña creatividade.
Onte mesmo, que foi unha tarde longa, longa, púxenme a facer un encargo. Hai xa uns meses que fixen para unha festa, uns pins para o grupo de pandereteiras do que formo parte, e a algún que outro antoxouselles un deses pins, enton collín cousas que tiña por ahí, e que por separado non sirben para moito e, "voalá", saiu o que vedes na foto.
Na miña casa, que me queren moito, dinme que é moi chulo, e non sei, quizais pase o que queda do outono e o inverno facendo chiculatadas destas.

22.10.07

Mais cinema

Hoxe inaugúrase, na Aula Sociocultural Fundación Caixa Galicia en Compostela ás 20h, outra edición do Festival de Cine Euro-Árabe, AMAL, o único festival destas características de España e un dos máis competitivos de Europa. 47 obras, entre longametraxes, curtas e documentais que pretenden achegar a cultura e o mundo árabe a occidente.
O festival ben acompañado por outras modalidades de expresións artísticas, unha exposición de pintura "Colorist in Wartime" do pintor iraquí Jaber Anwal, na sala do Hotel Araguaney, e a proxeccións de obras esperimentais de videocreación, na Facultade de Filosofía, baixo o título "From Middle East with Love".

Para máis información "pincha" no título da entrada.

16.10.07

Outono de Cine





Hoxe inaugúrase en Compostela a IV edición do Festival Internacional de Curtametraxes, no cal participarán 137 curtas dos 5 continentes.

As proxeccións das curtas seleccionadas, realizaranse en versión orixinal subtitulada no Teatro Principal, en catro pases diarios con entrada gratuíta e poderemos gozar tanto coa calidade, como coa diversidade de temáticas e procedencias.

As propostas da IV edición de Curtocircuíto complétanse cunha serie de obradoiros, nos que os profesionais do sector audiovisual poderán atopar unha variada oferta formativa, en materias como a creatividade, o guión gráfico (story board) e a videocreación ; mesas redondas e ciclos paralelos de temática diversa-gay-lésbica, adolescentes, nenos, etc.

Para información máis detallada "pincha" no título da entrada.

.Teatro Principal. Compostela. 18:30h

5.10.07

The lost collection. William Travilla

W. Travilla, modisto, vestiu a Marilyn Monroe en oito dos seus films. Agora os mais famosos vestidos da actriz, móstranse no sur do Reino Unido, no hotel Hilton Brighton Metropole, co fin de recaudar cartos para a loita contra o alzheimer. Entre esos traxes pódese admirar o que levaba na famosa escena sobre un respiradero do metro de New York, e como non, o da canción do video, no film "Los caballeros las prefieren rubias".
Espero que o disfrutedes.

1.10.07

Dia Mundial da Arquitectura


A celebración do día Mundial da Arquitectura o día 1 de Outubro é unha iniciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e que se manifesta nas sete cidades galegas cunha reflexión sobre un arquitecto e unha obra estreitamente vinculada a cada unha delas.
En Compostela, aproveitarán esta data, para inaugurar a súa sede recentemente rehabilitada na Casa da Conga, convidando a coñecer o estrenado edificio a quen se achegue pola Praza da Quintana, a partir das 20 h. Supoño que con tanto especialista, quedaría de luxo. Eu non poderei ir, asi que convido a quen se achegue por ali, que deixe un comentario contando como foi o evento.