7.7.12

Mais ingredientes para o chiculate

Dame un pouco de vergoña voltar a este blog despois de tanto tempo, tanta vergoña que non quero nin mirar a fecha da última entrada.

Tampouco quero ocupar todo este espacio escusándome, asi que... Imos o grao!

Querovos presentar un ingrediente mais para facer o chiculate na miña chiculateira. Comezo unha nova aventura escribindo para 365 cities sobre a gastronomia, os lugares e as curiosidades que nos ofrece Compostela e aredores.
En #356cities atoparedes un conxunto de photoblogs, onde se fan recomendacións de estilo de vida basado na gastronomía en diferentes cidades, pensado por La Salsera.

Espero ir mellorando co paso dos posts e que nos sigades neste novo camiño tanto a min coma os meus estupendos compañeiros de aventura.

18.10.08

aCentral Folque en Compostela



Hoxe comezo as clases en aCentral, teño unha mistura de nervosismo, excitación, timidez e dor de cabeza, esto último xa é de fábrica.

Xa vos irei informando dos meus adiantos, se os houbera.

Deseádeme moita merda!

2.8.08

Quixera

Quixera facer feliz a xente e que alguen me fixera feliz a min.

Quixera vivir no mundo de Amelie.

16.3.08

Atopei

Estos días atopeime outra vez con Compostela. Xa non me lembraba da paz que sentía percorrendo as súas rúas e prazas, de noite, pola semana, cando a xente está nas súas casas, descansando da súa xornada laboral. Cando a rúa só está habitada polos paxaros nocturnos, os que rematan o seu traballo, os que o comenzan......e máis eu.

O silencio, xa me esquecera del, de feito sempre vou enganchada o meu ipod, pero a outra noite por unha vez, ó entrar no Obradoiro, camiño da casa, quiteinos das orellas para escoitar.... o silencio. Ese silencio que permite mirar sen interferencias.

Sería polo turno de noite, sería pola maxia da cidade, sería pola melancolía que volveu a min camiñando polas rúas desertas, sería....non sei polo que foi, pero nese silencio, atopeime.

20.2.08

Moitas novidades



Chámase m* e é o meu soño feito realidade, un espazo multifunción, onde tomar un café feito con moito cariño, navegar pola rede, escoitar boa música, tomar una copa "ben feita"..... e darlle vida propia a traves da xente que nos visita. E digo esto, por que si tes unha proposta como unha exposición, unha xuntanza de amigos, a presentación dun libro, disco...., nós, emprestámosche este humilde espazo.

E temos a gran sorte de que os usuarios de Mac de Galicia escolleran m*, para coñecerse entre eles. A xuntanza será o vindeiro Venres, as 20h. ¿Como os recoñeceremos? ¿Levarán unha mazá na solapa?

. Venres. 22 de Febreiro. 20h. m* café e copas. Fonte de Santo Antón nº15. Compostela.

Para máis información "pinchade" no título da entrada, espéravos un blog moi interesante.

14.1.08

Chiculatadas




Xa sei que levo moito tempo se poñer nada novo; xa sabedes, entre as festas, os regalos e logo voltar a rutina, a verdade e que vos deixei un pouco.


Cóntovos, que pola miña situación de desempregada, este ano tíven que darlle a cachola para facer regaliños de Nadal, penso que dende que era cativa non utilicei tanto o miolo para facer "presentes buenos, bonitos y baratos" e que tiveran un significado especial para a persoa que o iba recibir.





A idea que tiven foi moi ben acollida, as fotos que vedes son dalgúns regaliños que foron deixando os Reis Magos (agora xa os podo ensinar). Todo esto fixo que na miña cachola deran voltas unha morea de ideas que moi prontiño poderedes ver.


Desexo que este ano sexa moi especial para to@s @s que ledes este blog, e que poidamos atopar a felicidade. Bicos a tod@s.

13.12.07

Novo Baner (como dí Pepe)

Que vos parece a miña nova cabeceira. Gracias a Pepe, senon.... eu para estas cousas son un desastre. Espero que vos guste por que ten que ver cun humilde proxecto que me está rondando pola cachola. Xa irei dando detalles.

25.11.07

25 de Novembro


19.11.07

OS CONTAINERS presentan SEN TREN

"Anos 50, verán. 13 fotografías, 13 historias distintas. Imaxina estrelas de escarcha que empezan a brillar cando lles das ó interruptor, os persoaxes cobran vida. Inauguramos a festa, o espectáculo cómico-macabro, arriba luces, corran as cortinas e que comece a música..."

Esto é o que estaba escrito na tarxeta que me deron ó entrar o pequecho teatro da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, o Sábado a tardiña. Mentras non daba comezo o espectáculo voteille outra ollada, ¿íamos ver trece historias ou trece capítulos da mesma historia? O teatro estaba cheo,non era para menos, dous dos actores eran coñecidos por todos os que estábamos ali.

Apagaron as luces, escoitamos un rasgar de guitarra, comezaba o espectáculo. As trece historias sucedíanse nun andén de calquera estación de tren enlazadas pola música que sabiamente sacaba dunha guitarra, Hector Lorenzo (unha sorpresa para min) en directo. As persoaxes das historias tiñan un nexo común, todas perdían o tren, o tren da vida, do amor, o tren que os levarían fora da soidade, do desamor, da loucura, da tristura..... Todo isto mirado dunha maneira cómica, case macabra algunas veces, como decía na tarxeta. O único que non lles acompañou foi a iluminación, no sei se foi pola precariedade dos medios ou por decisión do técnico.

Polo demáis esta obra, unha das gañadoras dos premios na modalidade de teatro de GZcrea, está chea de frescura; o vestuario moi ben escollido; interpretación moi creible e a banda sonora fíxonos os cambios de historia moi agradables.
Se tedes a oportunidade, recomendo que a vexades.

. Sen Tren
con. Alba Pazos, Fran Rivero, Fran Godón e Alda Lozano
músico. Hector Lorenzo
texto e dirección artística. AlbAdA-cAdAbrA
producción. Os Containers

9.11.07

Mi nombre es Luka



Versión que fan "the ellas" da eterna xa, canción de Suzane Vega, que por certo acaba de presentar o seu séptimo disco, "Beauty &Crime".
Disfrutadea.