Estos días atopeime outra vez con Compostela. Xa non me lembraba da paz que sentía percorrendo as súas rúas e prazas, de noite, pola semana, cando a xente está nas súas casas, descansando da súa xornada laboral. Cando a rúa só está habitada polos paxaros nocturnos, os que rematan o seu traballo, os que o comenzan......e máis eu.
O silencio, xa me esquecera del, de feito sempre vou enganchada o meu ipod, pero a outra noite por unha vez, ó entrar no Obradoiro, camiño da casa, quiteinos das orellas para escoitar.... o silencio. Ese silencio que permite mirar sen interferencias.
Sería polo turno de noite, sería pola maxia da cidade, sería pola melancolía que volveu a min camiñando polas rúas desertas, sería....non sei polo que foi, pero nese silencio, atopeime.
16.3.08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario