19.11.07

OS CONTAINERS presentan SEN TREN

"Anos 50, verán. 13 fotografías, 13 historias distintas. Imaxina estrelas de escarcha que empezan a brillar cando lles das ó interruptor, os persoaxes cobran vida. Inauguramos a festa, o espectáculo cómico-macabro, arriba luces, corran as cortinas e que comece a música..."

Esto é o que estaba escrito na tarxeta que me deron ó entrar o pequecho teatro da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, o Sábado a tardiña. Mentras non daba comezo o espectáculo voteille outra ollada, ¿íamos ver trece historias ou trece capítulos da mesma historia? O teatro estaba cheo,non era para menos, dous dos actores eran coñecidos por todos os que estábamos ali.

Apagaron as luces, escoitamos un rasgar de guitarra, comezaba o espectáculo. As trece historias sucedíanse nun andén de calquera estación de tren enlazadas pola música que sabiamente sacaba dunha guitarra, Hector Lorenzo (unha sorpresa para min) en directo. As persoaxes das historias tiñan un nexo común, todas perdían o tren, o tren da vida, do amor, o tren que os levarían fora da soidade, do desamor, da loucura, da tristura..... Todo isto mirado dunha maneira cómica, case macabra algunas veces, como decía na tarxeta. O único que non lles acompañou foi a iluminación, no sei se foi pola precariedade dos medios ou por decisión do técnico.

Polo demáis esta obra, unha das gañadoras dos premios na modalidade de teatro de GZcrea, está chea de frescura; o vestuario moi ben escollido; interpretación moi creible e a banda sonora fíxonos os cambios de historia moi agradables.
Se tedes a oportunidade, recomendo que a vexades.

. Sen Tren
con. Alba Pazos, Fran Rivero, Fran Godón e Alda Lozano
músico. Hector Lorenzo
texto e dirección artística. AlbAdA-cAdAbrA
producción. Os Containers

2 comentarios:

Anónimo dijo...

as luces? aaaii! se eu che contara como foi o conto das luces...

Xosé Xoga dijo...

Gustoume moito a obra, moi devertida e dinámica, pero si estou de acordo en que a veces non se vían os actores.